Billetes do rublo belaruso
Os billetes do rublo belaruso (en belaruso: беларускі рубель rubieĺ) son os emitidos polo Banco Nacinal da República de Belarús, co seu valor expresado en rublos belarusos e na súa moeda divisionaria, os kópeks (капейка kapiejka).
- Artigo principal: Rublo belaruso.
Primeiro rublo (1992-2000)
[editar | editar a fonte]Desde o colapso da URSS e ata maio de 1992, o rublo soviético circulou en Belarús xunto cos billetes do rublo belaruso. Tamén circularon os novos billetes da recente Federación Rusa, pero foron substituídos polos billetes en rublos rusos emitidos polo Banco Nacional da República de Belarús en maio de 1992. A este primeiro rublo belaruso asignóuselle o código ISO BYB e substituíu o rublo soviético a razón de 1 BYB = 10 rublos soviéticos.[1]
En 1992 introducíronse billetes con valores nominais de 50 kópeks e de 1, 3, 5, 10, 25, 50, 100, 200, 500, 1.000 e 5.000 rublos (BYB). En 1994 engadíuselles o novo valor de 20.000 rublos. A eses seguíronos os 50.000 rublos en 1995 e os 100.000 rublos en 1996. A serie completouse co billete de 500.000 rublos en 1998 e cos de 1 e 5 millóns de rublos en 1999. Esta progresión nos valores faciais do papel moeda dá boa conta da intensa inflación que caracterizou a primeira década de independencia do país.[2]
Imaxe | Valor nominal | Medidas (mm) | Cor | Descrición | Datas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Anverso | Reverso | Emisión | Retirada | |||
50 kópecks | 105 × 53 | Laranxa
Rosa |
Esquío | Escudo
belaruso |
25-05-92 | 1-06-01 | ||
1 rublo | Gris
Azul |
Lebre europea | ||||||
3 rublos | Verde | Castor | ||||||
5 rublos | Azul
Rosa |
Lobo | ||||||
10 rublos | Verde | Lince | ||||||
25 rublos | Laranxa | Alce | ||||||
50 rublos | Violeta | Oso pardo | ||||||
100 rublos | Verde
Marrón |
Bisonte | ||||||
200 rublos | Amarelo
Gris |
Estación do tren | 08-12-92 | |||||
500 rublos | Violeta
Vermello |
Praza da Vitoria (Minsk) | ||||||
1.000 rublos | Verde | Academia Nacional de Ciencias
(MNinsk) |
03-11-93 | |||||
110 × 60 | Valor | 16-09-98 | ||||||
5.000 rublos | 105 × 60 | Vermello | Barrio da Trindade (Minsk) | Escudo
belaruso |
07-04-94 | |||
110 × 60 | Valor | 16-09-98 | ||||||
20.000 rublos | 150 × 69 | Oliva
Amarelo |
Banco Nacional de Belarús | Escudo
belaruso |
26-12-94 | |||
50.000 rublos | 150 × 69 | Marrón | Porta Kholm | Fortaleza de Brest | 15-09-95 | |||
100.000 rubles | 150 × 69 | Gris
Marrón |
Teatro da Ópera e Ballet (Minsk) | Escena do ballet "Favourito" (Hlebau) | 17-10-96 | |||
500.000 rublos | 150 × 69 | Laranxa
Vermello |
Pazo da Cultura (Minsk) | Decoración do Palacio da Cultura | 01-12-98 | |||
1.000.000 rublos | 150 × 69 | Azul | Museo Nacional de Arte (Minsk) | Fragmento de "Esposa con flores e froitas (Khrutski) | 30-04-99 | |||
5.000.000 rublos | 150 × 69 | Violeta | Palacio dos Deportes (Minsk) | Complexo deportivo Raubichy | 06-09-99 |
Segundo rublo (2000-2016)
[editar | editar a fonte]En 2000 introduciuse un novo rublo, con código ISO BYR, en substitución do antigo rublo, cunha relación de 1 BYR = 1.000 BYB. Soamente se emitiu papel moeda para a súa circulación, xa que as únicas moedas cuñadas foron conmemorativas, producidas exclusivamente para o coleccionismo.[1]
En 2000 introducíronse billetes con denominacións de 1, 5, 10, 20, 50, 100, 500, 1.000 e 5.000 rublos. En 2001 entraron en circulación novos valores de 10.000, 20.000 e 50.000 rublos, seguidos dos de 100.000 rublos en 2005 e de 200.000 rublos en 2012.[2]
O 1 de setembro de 2010 entrou en vigor unha reforma da ortografía da lingua belarusa. Consonte as vellas regras, a ortografía correcta da palabra cincuenta era пяцьдзесят (piaćdziesiat), mais segundo as novas regras debería escribirse пяцьдзясят (piaćdziasiat); a diferenza radica no sétimo carácter. Como resultado destes cambios, os billetes existentes de 50 e de 50.000 rublos pasaron a conter un erro nas súas denominacións. O 29 de decembro de 2010, o Banco Nacional de Belarús introduciu novos billetes de 50 e de 50.000 rublos coa ortografía actualizada, mantendo a mesma cor e o mesmo tamaño que nos preexistentes datados en 2000. Con este cambio aproveitouse para actualizar tamén as medidas de seguridade dos billetes.[21][22]
Imaxe | Valor nominal | Medidas (mm) | Cor | Descrición | Datas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | Anverso | Reverso | Emisión | Retirada | |||
1 rublo | 110 × 60 | Verde | Academia Nacional de Ciencias de Belarús | Valor | 01-01-00 | 01-01-03 | ||
5 rublos | Rosa
Vermello |
Barrio da Trindade (Minsk) | 01-09-04 | |||||
10 rublos | Violeta | Biblioteca Nacional de Belarús | 01-03-13 | |||||
20 rublos | 150 × 69 | Oliva
Amarelo |
Banco Nacional de Belarús | Interior do Banco Nacional de Belarús | ||||
50 rublos | Laranxa
Vermello |
Porta Kholm | Entrada da Fortaleza do Heroe | 01-07-15 | ||||
100 rublos | Verde | Ópera e Ballet Nacionais ( Minsk) | Escena do valet "Favorito" (Hlebau) | 01-01-17 | ||||
500 rublos | 150 × 74 | Marrón | Palacio da Cultura de Belarús | Decoración do Palacio da Cultura de Belarús | ||||
1.000 rublos | Azul | Museo Nacional de Arte de Belarús | Fragmento de "Esposa con flores e froitas (Khrutski) | |||||
5.000 rubles | Violeta | Palacio dos Deportes de Minsk | Complexo deportivo Raubichy | |||||
10.000 rublos | Rosa | Panorama de Viciebsk | Anfiteatro estival de Vitebsk | 16-04-01 | ||||
20.000 rublos | Gris | Palacio de Rumyantsev - Paskevich | Palacio de Rumyantsev - Paskevich | 21-01-02 | ||||
50.000 rublos | Azul | Castelo na provincia de Grodno | Collage do Palacio de Mir | 20-12-02 | ||||
100.000 rublos | Laranxa | Palacio de Nesvizh | Castelo Radziwills (Niasvizh) | 15-07-05 | ||||
200.000 rublos | Verde | Museo de Arte M. Maslennikov | Decoración no Museo de Arte M. Maslennikov | 12-03-12 |
Terceiro rublo (desde 2016)
[editar | editar a fonte]O 1 de xullo de 2016 introduciuse un novo rublo, con código ISO BYN, en substitución do segundo rublo, dividido en 100 kópeks, a razón de 1 BYN = 10.000 BYR. Os rublos vellos e os novos circularon en paralelo desde o 1 de xullo ata o 31 de decembro de 2016. .[37][38]
O 4 de novembro de 2015, o Banco Nacional da República de Belarús anunciou que os billetes que estiveran en uso ata aquel momento serían substituídos polos novos, que xa estaban fabricados desde 2009, esperando a solución dos problemas inflacionarios para a súa posta en circulación.[37][38]
Introducíronse novos billetes por valor de 5, 10, 20, 50, 100, 200 e 500 rublos, correspondentes ao sistema do terceiro rublo (BYN) ou "novo rublo". Estes billetes están impresos pola compañía De La Rue, un fabricante de billetes e artigos de papel de seguridade con sede no Reino Unido, e os seus motivos e tamaños lembran os billetes do sistema do euro.[37][38][39]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Banknotes and Coins of the National Bank of the Republic of Belarus". The National Bank of the Republic of Belarus.
- ↑ 2,0 2,1 "Banknotes of the National Bank of the Republic of Belarus Out of Circulation". The National Bank of the Republic of Belarus.
- ↑ "50 kapeek". RealBanknotes.com
- ↑ "1 ruble". RealBanknotes.com
- ↑ "3 rublei". RealBanknotes.com
- ↑ "5 rublei". RealBanknotes.com
- ↑ "10 rublei". RealBanknotes.com
- ↑ "25 rublei". RealBanknotes.com
- ↑ "50 rublei". RealBanknotes.com
- ↑ "100 rublei". RealBanknotes.com
- ↑ "200 rublei". RealBanknotes.com
- ↑ "500 rublei". RealBanknotes.com
- ↑ "1.000 rublei 1992". RealBanknotes.com
- ↑ "5.000 rublei 1992". RealBanknotes.com
- ↑ "20.000 rublei ". RealBanknotes.com
- ↑ "50.000 rublei". RealBanknotes.com
- ↑ "100000 rublei". RealBanknotes.com
- ↑ "500000 rublei. RealBanknotes.com
- ↑ "1000000 rublei". RealBanknotes.com
- ↑ "5000000 rublei". RealBanknotes.com
- ↑ "Belarus language changes create errors on old notes (B125 and B132)". En BanknoteNews.com. 5 de novembro de 2010.
- ↑ "Belarus new 50- and 50,000-ruble notes (B134a and B135a) confirmed". En BanknoteNews.com. 28 de abril de 2011.
- ↑ "1 ruble 2000". RealBanknotes.com
- ↑ "5 rublei 2000". RealBanknotes.com
- ↑ "10 rublei 2000". RealBanknotes.com
- ↑ "20 rublei 2000". RealBanknotes.com
- ↑ "50 rublei 2000". RealBanknotes.com
- ↑ "100 rublei 2000". RealBanknotes.com
- ↑ "500 rublei 2000". RealBanknotes.com
- ↑ "1000 rublei 2000". RealBanknotes.com
- ↑ "5000 rublei 2000". RealBanknotes.com
- ↑ "10000 rublei 2000". RealBanknotes.com
- ↑ "20000 rublei 2000". RealBanknotes.com
- ↑ "50000 rublei 2000". RealBanknotes.com
- ↑ "100000 rublei 2005". RealBanknotes.com
- ↑ "200000 rublei 2012". RealBanknotes.com
- ↑ 37,0 37,1 37,2 "Belarus new redenominated notes (B137a – B143a) reported for introduction on 01.07.2016". BanknoteNews.com. 5 de novembro de 2015.
- ↑ 38,0 38,1 38,2 "On redenomination of the Belarusian ruble since July 1, 2016". The National Bank of the Republic of Belarus.
- ↑ "Banknotes of the National Bank of the Republic of Belarus in Circulation". The national Bank of the Republic of Belarus.
- ↑ "5 rubles 2016 (dated 2009)". RealBanknotes.com
- ↑ "5 rubles 2019". RealBanknotes.com
- ↑ "10 rublei 2016 (dated 2009)". RealBanknotes.com
- ↑ "10 rubles 2019". RealBanknotes.com
- ↑ "20 rubles 2016 (dated 2009)". RealBanknotes.com
- ↑ "50 rubles 2016 (dated 2009)". RealBanknotes.com
- ↑ "100 rubles 2016 (dated 2009)". RealBanknotes.com
- ↑ "200 rubles 2016 (dated 2009)". RealBanknotes.com
- ↑ "500 rubles 2016 (dated 2009)". RealBanknotes.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Billetes do rublo belaruso |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Rublo belaruso
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pick, A. (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9